BOIRO> Os veciños de Santiago de Lampón celebrarán este xoves a festividade de San Mauro, unha das máis arraigadas e con maior tradición na parroquia boirense.
A xornada comezará con eucaristías ás nove, dez e once da mañá que darán paso á misa solemne das doce e posterior procesión.
Xa pola tarde, os actos relixiosos terán continuidade ás cinco e ás seis mentres que ás sete haberá novamente misa solemne e procesión que rematará con fogos de artificio e unha chocolatada.
Ademais da celebración relixiosa, a asociación cultural San Mauro celebrará o sábado unha xornada festiva con alboradas e unha degustación gastronómica con 300 racións de callos e empanada.
Pola tarde terá lugar un serán tradicional con 16 agrupacións participantes que culimará cun concerto de Ailá e unha gran queimada.
A festa terá lugar no Pazo de Goiáns onde se habilitará unha carpa ante as malas previsións meteorolóxicas.











