Vázquez presenta o proxecto básico para o novo CEIP Cruceiro

    coles copia.jpgSANXENXO> Estas instalacións, nas que se investirán uns catro millóns de euros, contarán con seis aulas de infantil e doce de primaria.

    {flowplayer}images/salnes/COLEXIOS_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    Esta mañá o Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, presentou durante a súa visita ó CEIP Cruceiro de Vilalonga, o proxecto básico para a construción do novo colexio. Unhas instalacións que a Comunidade Educativa levaba reclamando desde o ano 2006 e que hoxe están máis preto de ser unha realidade.

    Tal e coma explicou o Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, esta visita responde ó compromiso adquirido pola Xunta coa Comunidade Educativa deste CEIP. O dirixente autonómico presentou, xunto ó persoal técnico, o proxecto básico para a construción do novo centro educativo. Unhas instalacións que contarán con seis aulas de infantil e doce de primaria.

    Con todo, Vázquez non quixo falar de prazos nin adiantar cando poderían comezalas obras. O que si destacou é que o compromiso é firme co CEIP Cruceiro.

    Pola súa banda, o director do centro, José Manuel Carlés, amosou a súa satisfacción ante esta visita xa que responde, dixo, a unha petición que levaban reclamando desde o ano 2006.

    A visita do Conselleiro de Educación a Sanxenxo rematou no CEIP Noalla-Telleiro onde se reuniu co director do mesmo para falar, entre outras cousas, de futuros proxectos comúns.

    Redacción Salnés