![]()
VILANOVA > Unha muller de nacionalidade colombiana morreu esta madrugada nun accidente de tráfico ocorrido no municipio de Vilanova ó saír despedida do vehículo no que viaxaba e caer por un terraplén. Segundo Protección Civil de Meis, que interveu no sinistro, o suceso ocorreu ás catro e media da mañá
… na estrada de Vilagarcía a Pontevedra, no lugar de Baión. O accidente tivo lugar cando o Volkswagen Golf, conducido por Carlos Domínguez bateu contra a varanda da ponte sobre o río Umia arrancando varios metros da protección.
Unha muller de nacionalidade colombiana faleceu esta madrugada nun accidente de tráfico en Vilanova de Arousa. Ocorreu na zona de Vilanoviña, cando o vehículo no que viaxaba con outras dúas persoas se saíu da estrada. A muller foi despedida ó non levar posto o cinto de seguridade. Os corpos de seguridade tardaron algún tempo en dar con ela, xa que o vehículo accidentado, un Volkswagen Golf con matrícula 5027 BVD, quedou varios metros máis adiante.
Ocorreu ás cinco e media da madrugada e todo fai indicar que a causa foi un exceso de velocidade. O contaquilómetros quedou parado en 140 quilómetros/hora, pero fontes da investigación cren que podería ir a máis velocidade á vista de como quedou o coche que levou por diante o quitamedos e arrancou boa parte da varanda metálica da ponte. Iso foi o que provocou que o corpo da muller, de iniciais J.A., fose despedido. O cadáver foi trasladado ó instituto anatómico forense de Pontevedra.
O conductor do vehículo, Carlos Domínguez, veciño de Vilagarcía de 24 anos, si levaba o cinto polo que resultou ferido leve e púxose moi nervoso cando chegou tráfico xa que non quería ser identificado para que non se soubera na súa casa. Tiña feridas na cara e foi trasladado ó Hospital do Salnés. Pero isto non queda así, crese que no coche ía outro ocupante que escapou tralo accidente, xa que había dous cintos trabados. A garda civil continúa a investigación dos feitos.
Redacción Salnés








