Aragunde insiste: “A comporta non funcionará ata que non se sanee o Saco”

    CAMBADOS> O presidente de Portos de Galicia visitou esta mañá Cambados. José Juan Durán comprobou xunto co alcalde Luís Aragunde o avance das obras de construcción das comportas que regularán o fluxo de auga cara o Saco de Fefiñáns. Contan que estes traballos poidan estar rematados nos primeiros meses do ano que ven. Os traballos no Saco de Fefiñáns marchan a bo ritmo. Nos vindeiros días procederase á instalación da comporta metálica de 8,68 metros de anchura situada entre dous muros de formigón armado que actuarán a xeito de presa Así regularase a entrada e saída de auga na lagoa e o seu saneamento. A colocación desta comporta permitirá separar a zona interior e a exterior do estuario, de tal forma que protexa o Saco de Fefiñáns dun hipotético vertido accidental. Así mesmo, manterase o nivel adecuado de auga para a optimización da actividade marisqueira. O alcalde insistiu unha vez máis que estas comportas non comezarán a utlizarse ata que non se complete o saneamento da zona, algo que non se producirá antes de 2015. Portos de Galicia e a empresa encargada da execución das obras instalarán un sistema de tablestacas para facilitar a realización dos traballos. José Juan Durán sinalou que o funcionamento e mantemento das comportas serán sacados a concurso público cando os traballos estean rematados. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/05/portos600_051213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/05/portos_051213.mp4{/flowplayer}