![]()
BOIRO> Rosa Quintana visitaba as instalacións do grupo, no Bodeón, onde coñeceu a nova planta de comida para mascotas da conserveira.
{flowplayer}barbanza/visitaconselleirajealsa.flv{/flowplayer}
Acompañada polo presidente de Jealsa-Rianxeira, Jesús Alonso, e demais autoridades convidadas, entre os que se atopaban os alcaldes de Boiro e Pobra do Caramiñal, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, fixo un percorrido polas instalacións desta conserveira ubicada no lugar do Bodeón, realizando unha parada na nova planta destinada á produción de alimento para mascotas, procedente das conservas, acondicionada para producir máis de 100 millóns de envases ó ano e que xera 36 novos postos de traballo. Foi precisamente este, a capacidade de creación de emprego de Jealsa, un dos aspectos resaltados pola titular de Mar na súa comparecencia ante os medios xa que, segundo ela, dende a súa fundación no ano 1958, o grupo non parou de medrar e actualmente comprende a un total de 24 sociedades con máis de 3.500 empregados.
Rosa Quintana puxo ademais a Jealsa como exemplo de tradición, de crecemento e de avance, pois este grupo empresarial está entre o 44% de todas as empresas de conservas que concentra Galicia a nivel de España. Por esta razón incidiu na importancia de que o instrumento financieiro que acompaña á reforma da Política Común de Pesca da Unión Europea teña en conta as necesidades das grandes empresas como Jealsa Rianxeira á hora de acceder a axudas de fondos como os FEP.
Redacción Barbanza








