José Juan Durán: ‘Nunca poderei pagar este día’

    homenaxe_jjduran.jpgVILANOVA> Unhas setecentas persoas ateigaron o pavillón de Vilanova para participar no xantar de homenaxe que lle brindaron a José Juan Durán, …

    {flowplayer}images/salnes/homenaxe_jjduran.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> Unhas setecentas persoas ateigaron o pavillón de Vilanova para participar no xantar de homenaxe que lle brindaron as asociacións a José Juan Durán, actual presidente de Portos de Galicia.

    O político vilanovés recibiu toda unha ovación á súa chegada ó recinto, ó tempo que soaba como himno do encontro a versión de Amigos para siempre de Los Manolos. Durán, visiblemente emocionado, describiu este como un día inesquecible entre amigos.

    As asociacións de Vilanova estiveron detrás da organización pero tamén asistiron representantes doutros colectivos sociais e culturais do resto do Salnés. Todos quixeron agradecer a José Juan Durán o apoio que lles ofreceu durante os anos nos que foi concelleiro de Cultura de Vilanova e vicepresidente da Deputación de Pontevedra.

    No xantar, obsequiouse a José Juan cun cadro de Xurxo Alonso da súa serie Inverso.

    Redacción Salnés