Protestas na Illa polo engano das participacións preferentes

    A ILLA> Momentos tensos os que se viviron esta tarde na Illa de Arousa entre os afectados polas chamadas participacións preferentes

    {flowplayer}images/salnes/afectados_participacions_caixanova_illa.flv{/flowplayer}

    … de Novagalicia banco, o chamado corralito destes tempos. Os clientes da Caixa Galicia e Caixanova aseguran sentirse enganados posto que non lles explicaron as condicións do producto que contrataban; e agora atópanse con que non poden retirar os seus cartos, no mellor dos casos, ata o ano 2018. Os clientes de Novagalicia Banco da Illa séntense estafados, enganados polos banqueiros nos que confiaban os seus cartos. No seu día contrataron productos difíciles de entender para o pequeno aforrador. Agora atópanse con que os preferentes que contrataron teñen un alto risco e non se poden retirar ata dentro de moito tempo, nalgúns casos máis de 60 ou 70 anos.

    O sentimento de frustación medra no Concello insular posto que cada día son máis os afectados. Os primeiros en enterarse desta situación fan un chamamento de alerta ós seus conveciños. Pídenlle que non se fíen e que consulten ben as condicións dos productos contratados; porque poden pasar a engrosar esta lista de enganados.

    Estes illenses ofrécense para informar a outros veciños ou poñelos en contacto con asociacións de damnificados que xa están constituídas na área metropolitana de Vigo; onde este sábado terá lugar unha concentración dos prexudicados de toda Galicia. Con esta mobilización pedirán ós distintos gobernos que intercedan por eles nesta loita de David contra Golliat na que se senten desprotexidos.

    Redacción Salnés