O Salnés, á conquista do turista chinés

CAMBADOS> O Salnés continúa abrindo fronteiras. No seu traballo para conquistar mercados turísticos, a Mancomunidade vén de fixar a súa atención nun novo país. Gran parte dos esforzos dirixiránse agora a captar ao turista chinés. De feito, pasado mañá o responsable de turismo do ente comarcal viaxará a China para participar como convidado no Foro Internacional de Alcaldes sobre Turismo, e presentar alí os encantos de O Salnés.

Non sabemos se esta é a fórmula coa que Gonzalo Pita comezará a súa intervención no Foro Internacional de Alcaldes sobre Turismo que se celebra a partires deste domingo 27 de maio en China. O que sabemos é que a Mancomunidade asistirá a esta cita co obxectivo de conquistar o mercado chinés.

Alí a Mancomunidade presentará o seu material promocional traducido, co que agardan chegar aos preto de 200 millóns de turistas que se calculan sairán de China no 2020, segundo os estudos de Tourespaña. A día de hoxe, España non está entre os dez primeiros destinos escollidos por este mercado, pero si é o segundo que máis medrou o ano pasado.

Ademais de traducir o seu material, O Salnés tamén se asegurou ter presenza nas redes sociais que si chegan a China para dar a coñecer este destino. Un traballo que agardan dea os mesmos resultados que conseguiron coa importante campaña enfocada ao turismo ruso.

O delegado de Turismo da Mancomunidade será tamén o responsable de representar a Marca España.