O BNG de Sanxenxo promete gobernar para os veciños e non para os turistas

    rfernandezloresquintana_100_301006.jpgSANXENXO > Arroupado por numerosos compañeiros, Roberto Fernández Lores presentou a súa candidatura á alcaldía de Sanxenxo.

    O portavoz nacional do BNG e vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, arropou en Sanxenxo a Roberto Fernández Lores na súa presentación pública como candidato á alcaldía. O hotel La Terraza foi o escenario escollido polos nacionalistas para este acto no que o alcaldable estivo arroupado tamén por numerosos militantes da vila e por cargos do BNG de toda a comarca.

    O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, loubou o traballo ben feito do grupo municipal e as promesas cumpridas, como a da Ronda. Dixo Quintana que o BNG sempre se amosou en contra do PXOM e da Ronda, e en canto chegaron ó goberno ‘botárona abaixo’. O vicepresidente da Xunta incidiu tamén en que o proxecto do Bloque está pensado especialmente para os veciños de Sanxenxo, algo no que tamén incidiu o candidato quen contrapuxo a cohesión do seu equipo co personalismo do PP. ‘Telmo fixo un partido personalista’ e agora que marcha ‘as galiñas están revolucionándose’, dixo en referencia á letra dunha canción dun grupo de Portonovo.

    O lema dos nacionalistas de Sanxenxo sería, en palabras de Lores, contra formigón, cultura, contra despilfarro, transparencia e contra enchufismo, benestar social.

    Redacción Salnés