O dinamismo de Cambados, plasmado en dous novos murais

CAMBADOS> Cambados presume dende hoxe de dous novos murais. Foron elaborados por un grupo de mozas que acaban de remata-los seus estudos de Belas Artes. Nos hoxe estivemos no que deseñaron para a Avenida de Vilariño. Trátase dunha composición coa que queren plasma-lo dinamismo da localidade.

Este grupo de mozas acaba de remata-la súa formación en Belas Artes. Como broche de ouro decidiron plasma-lo seu talento en dous muros da localidade de Cambados a través de dous murais de grandes dimensións. Un deles está situado na Avenida de Vilariño, enfronte do colexio Magariños. A composición ten á propia localidade como protagonista. Cada unha desas personaxes estará vinculada a un elemento representativo da vila.

Lara é veciña de Cambados, pero as súas compañeiras proveñen de toda Galicia. A iniciativa, que impulsaron de xeito altruísta, é a culminación do proxecto ‘Rueiro de artistas’, organizado no pasado Nadal.

No Concello tamén animan ás artistas a continuar desenvolvendo o proxecto ‘Rueiro de artistas’, xa sexa de novo en Cambados ou en calquera outra localidade.