Meigas e pantasmas celebran con PCR e botellón o Samaín nunha vivenda de Valga

VALGA> As meigas e as pantasmas aparecen polo Samaín nunha casa de Valga. Unha veciña da vila decora a súa horta con numerosos bonecos terroríficos feitos á man. Entre a súa recreación poden verse temáticas actuais como unha vacinación a un esqueleto ou un botellón de pantasmas.

O concello de Valga conta coa súa propia casa do terror grazas a unha veciña da vila. Mónica Vejo, con moita destreza e imaxinación, decorou a súa horta pola chegada do Samaín. Un espazo onde as PCRs e os botellóns tamén son temas de meigas e de pantasmas.

Ademais das meigas e as pantasmas, na casa do terro de Valga tamén podemos observar unha Catrina mexicana, arañas xigantes ou esqueletos. Foi a propia Mónica a que se encargou persoalmente de crear toda a decoración con materias reciclados.

E para quen teña dúbidas se a decoración é de Halloween ou do Samaín, a creadora o deixa ben claro.

A casa do terror non pasa desapercibida para os veciños e os visitantes que circulan pola zona. Moitas persoas achéganse a visitala.

Mónica xa ten pensada a decoración que utilizará no vindeiro ano, pero o único que adiantou é que terá moitas sorpresas e estarán relacionadas co mundo do espectáculo. Mentres, os interesados en gozar ou temer coa decoración actual poderán visitala ata o domingo 7 de novembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí