Seguimento desigual da folga de profesores

    folgaensino.jpgPOBRA> Os profesionais do ensino cifran nun 30% o paro, os sindicatos nun 60% e a consellería de Educación, en preto do 20%

    {flowplayer}barbanza/folgaensino.flv{/flowplayer}

    Algunhas aulas aparecían hoxe baleiras, pero a verdade é que a normalidade era a tónica xeral que se rexistraba nos colexios públicos da contorna, sobre todo, nos de ensino secundario. Para a xornada de hoxe esta rexistrada unha folga de profesorado en protesta polo que consideran, é unha baixada da calidade do ensiño público e un desprestixio da súa labor social como educadores.

    Cifras

    O sector cifra nun trinta por cento o seguimetno do paro, unha diminucación de dous puntos con respecto á convocatoria anterior polo desgaste da perda de soldo. Pola súa banda, a consellería de Educación calcula as ausencias en preto do vinte por cento; os sidicatos falan do sesenta. No que si hai coincidencia é no seguimento desigual do paro. O ensino secundario secundou menos a folga, probablemente porque os seus alumnos deben presentarse a probas de nivel, a selectividade, que implican moito máis aos docentes. Dende os sectores sindicais afirman que o de hoxe, é só un chanzo dun longo camiño para evitar o que cren que é o desmantelamento do sistema público de ensino, en beneficio do concertado e do privado. A consellería de Educación, pola súa banda, volve insistir en que non existen tales recortes e que simplemente se trata dun emprego máis eficiente dos recursos dos que dispoñen .

    Redacción Barbanza