O Rasoeiro cae na casa e o Balonmán.com mantense líder

SALNÉS> Segunda xornada ligueira na Primeira Autonómica. A boa nova deixounola o Balonmán.com Salnés, que venceu na pista do BM Deza mentres que o Rasoeiro caeu na casa ante o Seis do Nadal.

{flowplayer}images/salnes/BALONMAN_270911.flv{/flowplayer} 

Mal partido do Rasoeiro no seu debut ligueiro ante a súa afección. Ben é certo que o equipo de Quito Parada acudía á cita con numerosas baixas pero os erros dos locais facilitaron a victoria do Seis do Nadal. A falta de xogo colectivo en ataque, a precipitación e tres exclusións consecutivas no momento quente do partido procipiaron a derrota.

Os visitantes dominaron durante a primeira parte con escasas rentas. Ó descanso fóronse 11-3. No inicio do segundo tempo o Rasoeiro foi quen de poñerse por diante pero nos últimos quince minutos os grovenses desconectáronse e facilitaron o triunfo do Seis Do Nadal, que o final venceu con facilidade (21-28). Borja e Omar, con seis tantos cada un, lideraron o ataque dun Rasu que cae á cuarta praza da xeral e a semana que ven visitará ó Bueu.

Mellor fóronlle as cousas ó Balonmán.com Salnés que segue na mesma tónica que o ano pasado, pero nunha categoría superior. Os de Pedro Pérez son líderes logo de golear a domicilio ó Balonmán Deza por 23-34, nun partido no que os locais tan só aguataron os primeiros dez minutos.Logo, o ritmo imposto polos meañeses foi demasiado alto para o seu rival que xa perdía por sete ó descanso. O segundo tempo foi un mero trámite.

Santi, con oito goles, e Fernando Rey, con seis, foron os máximos artilleiros do Balonmán.com. A semana que ven defenderán liderato na pista do Atlético Novás.

Redacción Salnés