Verónica Miguéns remata terceira o Nacional de trial

SALNÉS> Disputouse a derradeira proba do Campionato de España para a categoría Féminas B. Nela, a vilagarcián Verónica Miguéns rematou no terceiro posto o que lle permitíu concluír o nacional nesa mesma posición.

Verónica Miguéns sigue sumando méritos ó seu palmarés. Desta volta foi un terceiro posto no Campionato de España de Trial, en Féminas B. Nesta mesma categoría a piloto vilgarcián xa acumulaba dous terceiros postos, nos anos 2007 e 2008, e un primeiro, acadado en 2009.

A derradeira proba do nacional celebrouse na localidade madrileña de Valdemanco e como ven sendo habitual nas últimas competicións, o seu irmán Carlos foi o encargado de realizarlle as indicacións técnicas oportunas durante a carreira.

As dez zonas polas que tiveron que pasar os participantes estaban compostas por pedras e terra moi solta que dificultaba a tracción sobre a moto. A calor tamén foi unha das notas características da xornada.

Verónica mantívose dende o incio na terceira posición ó sumar tan só sete puntos de penalización na primeira volta e dez na segunda. A loita polo título estaba entre María Giró e Berta Abellán, que chegaban empatadas á cita. Finalmente foi Giró a mellor en Valdemanco e alzouse co título de campiona.

O campionato de Miguéns caracterizouze pola súa regularidade. Sumou tres terceiros postos, nas tres probas puntuables, en Posadas, Vilanova de Camí e esta de Valdemanco.

Redacción Salnés