PONTEVEDRA > Esta mañá presentouse en Pontevedra a trixésimo primeira edición do Trofeo Príncipe de Asturias, Copa da Mundo de k4,…
… que se vai a celebrar o vindeiro día 22 de xuño en augas de Portonovo e Pontevedra. Neste Gran Premio Deputación Provincial de Pontevedra, puntuable para o décimo terceiro Gran Premio de Galicia de ríos e travesías, a vinteunha Copa Xunta de Galicia, a sétima Liga Nacional de Piragüismo “Hernando Calleja” e a decimo sétima Copa de España de ascensos, descensos, travesías e maratón, participarán embarcacións K4 de seleccións nacionais, K4 masculino e feminino en categorías senior, junior e cadetes, C4 senior, junior e cadetes, veteranos en K4 absoluto masculino e K4 seleccións autonómicas.
Nesta importante competición participarán preto dun cento de clubes, ademais das diferentes seleccións nacionais e autonómicas.
A proba desenvolverase en dúas fases, a primeira delas de 16 km de lonxitude deste a praia de Baltar en Portonovo; e o segundo porteo partirá de Raxó e prolongarase durante 12 km.
Neste acto de presentación tamén estivo presente, entre outros, o Presidente da Federación Nacional,Santiago Sanmamés, quen gabou a idoneidade do cambio da data, adiantada por mor da celebración dos xogos olímpicos de Pekín, que poren ía a presentar un gran espectáculo, na que seleccións como a de Hungría ou Arxentina, ían a supoñer importantes rivais a bater polos padexeiros galegos.
Redacción Salnés