O concello inicia en xullo o programa ‘Camiña con Nós’

VILAGARCÍA> O edil de deportes de Vilagarcía Luís Garrigós presentou esta mañá Camiña con Nós, un programa que entra dentro das actividades de verán promovidas polo concello. Dende o 2 de xullo dase a oportunidade a todo aquel que o desexe de realizar unha serie de andainas e percorridos a pé dirixidos e supervisados por un técnico e unha nutricionista.

{flowplayer}images/salnes/CaminaconNos_220612.flv{/flowplayer} 

O obxectivo do programa Camiña con Nós é concienciar á cidadanía e sobre todo ás persoas maiores, dos beneficios proporcionados pola actividade física, neste caso, camiñar, e intentar crear neles un hábito.

Por iso, durante todo o verán a partires do 2 de xullo, de luns a venres, o punto de encontro será a Zona Tir, ás 09:00 onde se citarán un técnico do concello e a nutricionista Aurora García, que dirixirán as andainas.

Alí, todo aquel que o quiera poderá participar de xeito gratuíto de cinco percorridos a pé, que iranse alternando. Os haberá de distintas distancias e intensidade, adaptándose ás necesidades dos camiñantes. Iso sí, o trazado máis curto será de media hora e o máis duro, de hora e media, un ida e volta entre a Tir e Vilaxoán.

Aurora García atenderá as cuestións que os participantes poidan facerlle en materia de nutrición. Así mesmo os camiñantes recibirán unha pulsera reflectante e poderán controlar a súa frecuencia cardíaca a través de pulsómetros.

Redacción Salnés