Cambados conmemora o Mes das Bibliotecas

    CAMBADOS> A Concellería de Cultura de Cambados aposta de xeito intenso pola conmemoración do mes das bibliotecas que terá lugar o vindeiro outubro,..

    {flowplayer}images/salnes/mes_das_bibliotecas.flv{/flowplayer} .

    .. cun cumprido programa de actividades máis aló da lectura, que terán lugar na biblioteca municipal sita na Casa dos Fraga, na rúa San Francisco.

    Amais da apertura para as visitas escolares concertadas, esta biblioteca municipal vai a organizar outra serie de actividades como un concurso de debuxos, sesións de contacontos, unha demostración culinaria para pequenos ou unha campaña de captación de socios.

    Pero non todo son libros nesta biblioteca cambadesa, senón que o centro segue o paso das novas tecnoloxías apostando por un servicio de préstamo de portátiles e unha sala con ordenadores persoais ca posibilidade de conectarse a unha rede wifi, de internet sen fíos.

    Redacción Salnés