A mellora da praza Treixadura podería iniciarse antes de fin de ano

    melloraprazatreixadura.jpgPOBRA> Esta mañá presentábase o proxecto no concello cuxa actuación será financiada pola consellería da Presidencia.

    {flowplayer}barbanza/melloraprazatreixadura.flv{/flowplayer}

    Conscientes da necesidade de efectuar unha mellora importante nesta praza e debido tamén ás numerosas solicitudes dos veciños que residen nas proximidades da mesma, o executivo pobrés decidiu redactar un proxecto de remodelación e acondicionamento deste espazo público. A actuación prevé a instalación dun parque infantil e o pavimentado con lousas de granito onde se colocará posteriormente diverso mobiliario urbano. A mellora contempla tamén a renovación do alumeado. 

    Obra subvencionada

    A actuación será posible grazas a unha subvención da consellería da Presidencia, que aportará o 80% dos 50 mil euros necesarios para a realización das obras. A cantidade restante deberá ser asumida polo concello.

    Dende o goberno local destacouse a importancia desta actuación na liña iniciada en anteriores lexislaturas de cara a mellorar as infraestruturas municipais e dotar de máis e mellores servizos ós veciños.

    Redacción Barbanza