A aparición de salmón morto alerta da contaminación na ría de Muros

aparicionsalmonmorto100.jpgMUROS> Os mariñeiros da Ría de Muros e Noia volven reclamar a retirada da gaiola de salmón ante a aparición de exemplares mortos nos seus aparellos.

{flowplayer}barbanza/aparicionsalmonmorto.flv{/flowplayer}

A aparición de salmón morto nos redes dos mariñeiros que faenan na ría de Muros e Noia venlle dar a razón ós colectivos profesionais, coas catro confrarías da comarca á cabeza, que dende un principio se opuxeran á instalación da gaiola experimental de cultivo desta especie.

Os traballadores do mar sospeitan de que no fondo pode haber miles de exemplares mortos que supoñen un foco de bacterias e contaminación que ameaza a fauna local.

Retirada

Por esta razón, volverán insistir ante a Consellería do Mar que desautorice a instalación da granxa de cultivo prevista nun futuro pola empresa North West Food.

Ademais da evidencia que supón a aparición de peixe, as confrarías apoianse nos informes dos biólogos que destacan a incompatibilidade do cultivo desta especie coas características propias das rías galegas, especialmente pola temperatura e niveis de salinidade da auga.

Redacción Barbanza