Un cento de nenos despide os campamentos de conciliación de Ribeira no festival de clausura

RIBEIRA> Os campamentos de conciliación de verán do concello de Ribeira chegaron hoxe á súa fin. Os pequenos participantes deron mostra de todo o aprendido no festival de clausura durante o que recibiron un diploma e un agasallo de mans da concelleira de Educación.

Remata agosto e con el os campamentos de conciliación de Ribeira nos que participaron uns 150 cativos. Ó longo  de dous meses tiveron ocasión de aprender de xeito lúdico, empapándose das nosas tradicións e lendas populares, potenciando a súa creatividade a través das artes plásticas e xogos… Unha pequena mostra de todo isto é o que puideron presenciar as familias que esta mañá asistiron ó festival de clausura celebrado no auditorio.

Os pequenos convertéronse en bailaríns por un día levando ó escenario as coreografías ensaiadas ó longo destes dous meses para poñer o mellor broche de ouro ós campamentos.

Ó remate das actuacións, a concelleira de educación fixo entrega ós pequenos dun diploma conmemorativo e lambetadas agradecendo ás familias a confianza depositada no concello de Ribeira que ofrece cada verán esta alternativa de conciliación durante todo o período non lectivo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí