Vilanova Centro reparte ‘Tablets’ entre tódolos asociados

    TABLETSVILANOVA copia.jpg VILANOVA> O colectivo de comerciantes pasa por un periodo de modernización, coa incroporación de nove novos socios e a oferta de cursos gratis.

    {flowplayer}images/salnes/TABLETS_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Desde a Asociación de Comerciantes Vilanova Centro están convencidos de que para captar máis clientes, aumentar as súas posibilidade de negocio e fidelizar ós compradores é fundamental renovarse. Por iso, esta tempada decidiron comezar o curso con cambios e apostando sobre todo pola modernización. Cambios que pasan en primeiro lugar polo aumento da familia, xa que nove establecementos veñen de incorporarse á asociación. Pero tamén pola aposta polas novas tecnoloxías. Tanto é así que nos vindeiros días, a directiva vai repartir entre tódolos socios Tablets PCs para facilitar o seu acceso ás novas tecnoloxías e internet.

    Os asociados poderán escoller entre preto de 20 opcións formativas distintas, todas elas gratuítas. Cursos de especialización que van desde a atención e fidelización da clientela, ata técnicas administrativas de oficina, técnicas de venda, deseño de páxinas web, escaparatismo ou solucións empresariais fronte a crise. Esta oferta formativa completarase cunha renovación integral da imaxe corporativa tanto da asociación coma de tódolos locais que forman parte dela. Novos anagramas, logotipos, bolsas e tarxetas que foron deseñados por unha axencia de publicidade ó abeiro do Proxecto Novomark, e que en breve se presentarán oficialmente.

    Redacción Salnés