Unha ribeirense pide axuda ante o seu inminente desafiuzamento

    RIBEIRA> Unha veciña de Ribeira denuncia a falla de axudas ante o inminente desafiuzamento que afronta. Tras un ano sen percibir ningunha pensión apela á colaboración veciñal para poder saír adiante. María Teresa Rey Blanco xa non sabe a quen acudir. Hai case un ano que deixou de percibir a RISGA polo que leva meses sen poden facer fronte ó pago do alugueiro e gastos correntes. Ante a inminente ameaza de desafiuzamento, fai un chamamento desesperado á solidariedade dos seus veciños. Afectada por un problema de vesícula a súa saúde resentiuse aínda máis por mor da súa difícil situación persoal. Bota en falla un maior apoio por parte da administración á hora de tramitar unha axuda que, ó seu entender, se demora demasiado. Polo momento, subsiste co apoio dalgunha ONG, amigos e familiares. A pesar do desánimo motivado polo inminente desafiuzamento, María Teresa confésase loitadora polo que agarda saír adiante e recuperar a súa dignidade.