![]()
PONTEVEDRA> Deste xeito, se amosou o Secretario Provincial do PSOE, despois de que onte a Executiva Galega ratificase as listas.
{flowplayer}images/salnes/MODESTO_POSE_EXECUTIVA_PSOE.flv{/flowplayer}
Onte a Executiva Galega do PSOE ratificou a lista por Pontevedra ó Congreso dos Deputados. Así mesmo, redactou un informe que tamén será remitido ó Comité Federal no que se contempla a incompatibilidade de cargos entre os candidatos. Aínda así, esta mañá o Secretario Provincial, Modesto Pose, sinalou que é o Comité o que ten a última palabra.
Pero o certo é que a pesares de que o Secretario Provincial, Modesto Pose, cualificou de moi positivo o encontro coa Executiva Galega, entre os representantes do PSOE pontevedrés non houbo acordo á hora da redacción das incompatibilidades. Tanto que provocou que se ausentaran da xuntanza. Segundo Pose, só foi unha cuestión puntual.
Agora as listas serán remitidas ó Comité Federal para a súa aprobación definitiva. Feito ante o cal o secretario Provincial amouse a súa total confianza en que vai ser así.
Con todo, Pose confesou que xa foi citado para esta semana pola Comisión Executiva Federal para explicalos criterios seguidos para a elaboración das listas.
Alcalde A Illa
Dita inclusión das incompatibilidades de cargos no informe remitido ó Comité Federal pola Executiva Galega socialista, podería supoñer que o número tres da lista e alcalde de A Illa, Manuel Vázquez, teña que renunciar á súa acta coma concelleiro no caso de que saia elixido para ocupar un posto no Congreso dos Deputados.
Esta mañá puxémonos en contacto con el. Aínda que rexeitou facer declaracións ante as cámaras, confesou que non ten nada decidido e que a última palabra a ten o Comité Federal. Así mesmo, adiantou que non vai ser un problema para o seu grupo e que acatará as decisións do partido.
Redacción Salnés










