O PSdeG esixe a destitución da nova xerente do Sergas, Estrella López-Pardo

GALICIA> Lage anunciou ademais a intención dos socialistas de levar este asunto a través dunha pregunta oral ó pleno de mañá no Parlamento para pedirlle ó presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a súa inmediata destitución.

O secretario de Organización do PSdeG-PSOE anunciou ademais a intención da súa formación de presentar un plan de mellora da Atención Primaria e, máis concretamente, do servizo de pediatría.

Segundo el en 2009 xa había un plan aprobado con tódalas forzas sindicais e que quedou sen resposta coa entrada de Feijóo na Xunta.