A Marea interésase polos proxectos de recuperación do estuario noiés

    NOIA> A Marea Cidadá de Noia levará ó pleno deste próximo xoves unha moción a través da cal lle solicitará ó equipo de goberno a convocatoria dunha xuntanza informativa con Portos de Galicia e coa Demarcación de Costas, para analizar os proxectos que barallan estes dous organismos de cara á recuperación do estuario da Ría. A Marea propón que nestas xuntanzas informativas participen tanto o Concello, como o resto das forzas políticas con representación municipal, así como tamén asociacións e veciños en xeral interesados por este proxecto. Para o voceiro desta formación política, Manolo Seijas, a recuperación do porto de Noia é un dos principais obxectivos fixados pola Marea, polo que van a traballar para que sexa unha realidade canto antes.