A ABE amplía o seu catálogo de premio con nove agasallos

BOIRO> A Asociación Boirense de Empresarios vén de lanzar un novo catálogo de premios vinculado ó sistema de fidelización de clientes. No acto de presentación participou o director xeral de Comercio quen destacou a aposta constante da patronal boirense pola innovación que se traduce nun gran dinamismo do tecido comercial.

O novo catálogo de premios da ABE conta con 9 agasallos que se poden conseguir acumulando puntos a través dos tickets de compra. ós xa habituais bonos desconto engádense  reloxos, un set de picnic ou mesmo maletas de viaxe. A asociación boirense de empresarios amplía así a oferta de produtos do seu sistema de fidelización que se puxo en marcha o pasado ano con grandes resultados.

O director xeral de Comercio que asistiu á presentación destacou precisamente esa fusión entre a dixitalización e o comercio tradicional para facelo máis competitivo.

Tamén o alcalde sinalou o gran dinamismo do tecido comercial de Boiro, un dos sectores clave da economía local, grazas ás numerosas campañas que desenvolve a ABE que nos últimos anos foi seleccionada polo Ministerio de Industria e Comercio entre as mellores patronais a nivel nacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí