![]()
POBRA> O presidente de Portos de Galicia anunciou tamén a realización dun estudo para a a apertura de varias canles de corrente no vial que vai ó peirao comercial.
{flowplayer}barbanza/presidenteportospobra.flv{/flowplayer}
Acompañado do alcalde, Isaac Maceiras, e do patrón maior, Manuel Maneiro, o presidente de Portos de Galicia fixo un percorrido polas instalacións da lonxa para coñecer de primeira man as necesidades que presentaba o edificio e informar de que o seu departamento xa ten contratada a redacción dun proxecto de mellora para a lonxa.
Estudo biolóxico-ambiental
José Juan Durán anunciou ademais que en resposta ás necesidades plantexadas polo propio sector, que lle foron trasladadas, nunha recente reunión en Santiago, ten previsto contratar un estudo biolóxico e ambiental para coñecer os posibles beneficios que reportaría para os bancos marisqueiros dos Raposiños a apertura de canles para as correntes entre o peirao comercial e dito areal.
Redacción Barbanza






