POBRA> O concello da Pobra organiza un ano máis o obradoiro de conciliación ‘Móvete!!’.
A través deste servizo, pretenden facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal das familias e, por outra, ofrecer unha alternativa lúdica e de aprendizaxe para os nenos durante o verán.
Na edición deste ano haberá algunha que outra novidade. Unha delas é que o número de prazas ofertadas limítase ás 180; a outra haberá un prazo de inscrición pechado con data límite o 30 deste mes de maio.
A actividade desenvolverase como é costume no CEIP Salustiano Rey Eiras entre o 24 de xuño e o 10 de setembro, en horario de mañá, de nove a dúas.
Para aquelas familias que o precisen tamén haberá servizo Madruga e Comedor.
Máis información as perdoas interesadas poden dirixirse ó Departamento da Igualdade, situado fronte á casa consistorial, ou ben no teléfono 981-832764.