A Mancomunidade aproba subir a taxa da auga o ano que vén

    plenomancomunidade copia.jpg SALNÉS> O pleno dou luz verde á nova ordenanza que regula este servizo mancomunado. Os cencellos pagarán 18 céntimos por metro cúbico.

    {flowplayer}images/salnes/mancomunidade_auga_071011.flv{/flowplayer}

    Os concellos do Salnés pagarán a partir de xaneiro 18 céntimos máis IVE por metro cúbico de auga consumido. O pleno da Mancomunidade aprobou onte a nova ordenanza do abastecemento de auga, que suporá unha suba de 2,5 céntimos co propósito de chegar ó custe real do servizo. Ata o momento, os concellos non pagan pola electricidade dos bombeos, nin polos gastos de xestión, polo que o ingresado non era suficiente para cubrir o custe real. A medida contou só cos votos a favor de PP e Sanxenxo Agrupación Liberal. O BNG abstívose e o PSOE votou en contra. Os socialistas pediron aprazar o asunto ata a vindeira sesión pero o presidente Gonzalo Durán explicou que o asunto urxía para cumprir cos trámites de exposición ó público e que entre en vigor en xaneiro de 2012.

    Con esta ordenanza, a Mancomunidade poderá solicitar á Xunta que reteña o diñeiro de subvencións e retribucións ós concellos debedores da auga. O presidente Gonzalo Durán, tamén propuxo no pleno que os veciños abonen as facturas directamente ás empresas concesionarias do servizo.

    Na sesión de onte tomaron posesión como membros da xunta da Mancomunidade os socialistas Manuel Vázquez, alcalde da Illa, e José Antonio Cacabelos, edil no Grove.

    Redacción Salnés