Sanxenxo e Vilalonga tratarán de repetir vitoria este domingo

previadeportes copia.jpgSALNÉS> Os de Calucho reciben na casa ó Órdenes, mentres que o Vilalonga visitarán o campo do Dorneda. Un chanzo máis abaixo, na Preferente Sur, o líder da clasificación, o Arosa, enfrontarase ó Nigrán.

{flowplayer}images/salnes/PreviaXornada071011.flv{/flowplayer}

Na terceira división tódolos ollos estarán postos cara o que acontece este domingo en Sanxenxo, os de Calucho enfrontaranse ó Órdenes, e fano despois de ter acadado o seu primeiro triunfo da tempada na xornada pasada, cando venceron a domicilio ó As Pontes por un contundente 2 a 4. Podería ser este o punto de inflexión que precisan os amarelos, haberá que agardar ata ás cinco e media da tarde do domingo para ver o que acontece. E a esa mesma hora, o seu veciño, o Vilalonga estará xa na casa do Dorneda. Alí tratarán os de Gabi Leis de volver a facerse coa vitoria despois de que a semana pasada caeran ante o Somozas pola mínima. O obxectivo é claro, seguir subindo postos na táboa para non ter problemas cara o final da tempada.

O mesmo que ocorre se damos un paso para abaixo e nos fixamos na Preferente Sur. O Portonovo medirá as súas forzas ó Sporting Celanova, no que é o inicio da parte máis cómoda do seu calendario, deixando así atrás un inicio de liga no que lle tocou enfrontarse a algúns dos equipos máis fortes da competición.

O líder da Preferente, o Arousa, pola súa banda, tratará de acadar ante o Nigrán o que sería o seu sexto triunfo consecutivo, algo que non ocorre dende hai case trinta anos. Difícil encontro o que se lles presenta ós locais cos arousáns tan motivados. E tamén difícil a tarefa do Ribadumia. Tratará de manter o seu segundo posto na táboa no seu enfrontamento ante o Choco, pero terá que facelo coas baixas Santos e Pablo Nieto.

E por último, aínda que non menos importante dende logo, o encontro que enfrontará a Céltiga e Pontevedra B no Salvador Otero. Os da Illa non se atopan na súa mellor semana, con algúns xogadores tocados e tendo en conta ademais a baixa de Jacinto por sanción pero aínda así tratarán de plantarlle cara ós visitantes.

Redacción Salnés