Alfageme confirma na Xunta que quere pechar as tres fábricas do Salnés

    conserpaspena100_251007.jpgVILAGARCÍA > As traballadoras da fábrica de Conservas Peña, en Vilaxoán, concentráronse hoxe diante da fábrica para deixar claro …

    … que esta empresa é viable. O Grupo Alfageme, propietario deste e doutros dous centros no Salnés, presentou na Xunta un plan de viabilidade no que confirma o peche das plantas de Vilaxoán, Ribadumia e O Grove.

    Ó parecer a dirección do Grupo Alfagema pretende pechar as fábricas que ten en Vilaxoán, Ribadumia e O Grove e abrir un centro novo nun lugar aínda sen decidir e que se dedicaría a precociñados. Disto souberon as delegadas e representantes sindicais do persoal de Conservas Peña na reunión que mantiveron esta semana co director xeral do IGAPE. E é que levan case un ano á espera de que a empresa lles de explicacións. Agora o IGAPE esíxelle á dirección que o faga.

    Esta semana tamén se reuniron co Concello. Aquí recibiron todo o apoio do goberno local xa non só para a defensa destes postos de traballo, senón tamén para impedir unha recalificación dos terreos de Conservas Peña. De seguir adiante os plans de Alfageme, quedarían afectados uns 170 traballadores fixo discontinuos, ós que habería que engadir outros 80 eventuais.

    Redacción Salnés