Os pais do IES de A Illa reúnense co inspector xefe de Educación

    PAIS_ILLA copy.jpg A ILLA> Os pais expuxéronlle a problemática de contar cun docente menos. Desde a Xunta comprometéronse a estudalo caso.

    {flowplayer}images/salnes/NOVIDADES_IES_ILLA.flv{/flowplayer}
    Unha pequena representación dos pais dos alumnos e dous profesores do IES de A Illa tiveron a oportunidade de reunirse esta mañá co inspector xefe de educación e o inspector do centro no edificio da Xunta en Pontevedra. Os pais explicáronlles a problemática que supón contar cun docente menos no centro, e solicitarlles, por tanto, un novo pedagogo.
    Polo momento, a resposta que lles deron os inspectores é que van enviar o caso ós seus superiores e que lle darán unha resposta o antes posible. Pola súa parte, os pais comprenden a carga de traballo que teñen ante os problemas que presentan moitos centros galegos co inicio do curso. Pero ó que non están dispostos é a que diminúa a calidade do ensino dos seus fillos. Por iso, se non lles dan unha solución, non descartan tomar outro tipo de medidas.
    Polo de agora, os rapaces do IES de A Illa continúan asistindo as súas clases con total normalidade.
    Redacción Salnés