
MEIS> Álvaro de Marichalar visita Galicia para ofrecer unha charla no hotel Novavila. O empresario falou da súa faceta máis deportista para explicar aos asistentes como conseguir o que se propoñan.
Co título “Rumbo al horizonte”, e baseándose nas expedicións marítimas que realizou, Álvaro de Marichalar promove nunha serie de charlas o respecto á natureza, á vida sa e ao espírito de superación.
O carácter motivacional da conferencia busca ensinar, con símiles entre as súas vivencias no mar e na vida, que hai maneiras de saír adiante a pesar dos imprevistos e retos que se presenten.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/17/marichalar_novavila.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/17/marichalar_novavila.mp4{/flowplayer}










