‘Se é preciso empregaremos camións cisternas para garantilo subministro’

    alcalde_caldas2copy.jpgCALDAS> Con estas palabras, o alcalde quixo mandar unha mensaxe de tranquilidade despois de coñecelos problemas de abastecemento existentes.

    {flowplayer}images/salnes/SITUACION_ABASTECEMENTO_CALDAS.flv{/flowplayer}

    Os veciños de Caldas disporán de auga potable dunha maneira ou doutra. Esta foi a mensaxe que esta mañá quixo transmitir o alcalde de Caldas de Reis trala xuntanza que mantivo co Presidente de Augas de Galicia.

    A pesares de que o abastecemento só está garantido para dous días, o rexedor local asegurou que, de ser preciso, farán uso de camións cisterna.

    A presenza da Microcystis foi a principal causa que propiciou esta situación. Esta alga tóxica, que atopamos no embalse do Umia, o calor das últimas semanas e a escaseza de choivas, ralentizou o proceso de depuración na estación de tratamento de auga potable. Isto levou a que nestes momentos o subministro só está garantido para dous días.

    Pero non só falaron do abastecemento de auga senón tamén da aplicación da codia de eucalipto na Baxe, do que, polo momento, desde Augas de Galicia informaron que non teñen datos. Tamén afondaron no proxecto da nova captación. Neste senso, o ente autonómico informou que nos vindeiros tres meses podería comezar a executarse.

    Por último, o alcalde tamén puxo en coñecemento do presidente do ente autonómico a cantidade de vexetación que se concentrou no río ó seu paso polo casco urbano.

    Redacción Salnés