![]()
RIANXO> Un grupo de pais do colexio Castelao concentráronse este mediodía no centro para protestar pola decisión de Educación.
{flowplayer}barbanza/comedorcolexiocastelao.flv{/flowplayer}
Totalmente indignados. Así se atopan un grupo de pais en Rianxo, ó redor duns quince, pola exclusión dos seus fillos do comedor escolar do colexio Castelao, un servizo do que estaban disfrutando dende inicio de curso. A medida parécelles desproporcinada e inxusta, xa que o centro dispón de prazas suficientes para poder atendelos.
Conciliación vida laboral e familiar
Na maioría dos casos os pais enfróntanse a serias dificultades para poder atender ós seus fillos a esas horas, xa que ó traballar os dous non teñen con quen deixalos. Ademais o feito de que llo comunicaran sen apenas tempo de resposta, estalles a dificultar aínda máis o problema.
Resposta Educación
Fontes da consellería de Educación consultadas por esta redacción limitáronse a confirmar que o servizo de comedor lle corresponde unicamente a aqueles nenos que empregan o transporte escolar, que viven a máis de dous quilómetros do centro, ou ben a aqueles outros pertencentes a familias con rendas baixas, en risco de exclusión social.
Redacción Barbanza











