A atención sanitaria do Hospital do Salnés é motivo de queixas

    denuncia_hospital_100_180907_-_still_001.jpgVILAGARCÍA> A atención hospitalaria do centro de saúde do Salnés é o motivo das queixas de Jose Antonio Rey, veciño de Vilagarcía.

    Jose Antonio ten ó seu pai ingresado no hospital dende fai máis de mes e medio e afirma que a saúde deste lonxe de mellorar, empeora.

    O pai de Jose Antonio, de 83 anos de idade, fai un mes e medio que ingresou no Hospital do Salnés. Este achegouse ate o centro de saúde por urxencias ó atoparse mal e alí detectáronlle un tumor intestinal polo que foi operado de urxencia o 15 de agosto. Nembargantes, segundo o fillo do paciente, despois da operación o seu estado empeorou e ás dúas semanas da operación tivo que volver ó quirófano por unha fisura no aparello intestinal.

    Jose Antonio afirma que a atención hospitalaria que se lle da ó seu pai non é suficiente para o estado no que se atopa e que só se lle realizan probas se este se revela e o pide con insistencia. Segundo Jose Antonio a asistencia sanitaria do Hospital do Salnés é deficitaria e os médicos só actúan cando son increpados polos familiares dos pacientes. Por elo dende a nosa cadea solicitou que todos os que se atopan na súa situación o denuncien para que estas situacións deixen de ser habituais.

    Redacción Salnés