Os traballadores de Lantero concéntranse en fronte a Nestlé

    PONTECESURES> Os traballadores de Lantero desprazáronse hoxe a Pontecesures para intentar recadar a solidariedade de Nestlé, un dos clientes máis destacados da cartoneira vilagarciá. En breve farán o mesmo con outras empresas clientes de Lantero como Inditex ou Feiraco.

    Os traballadores da empresa cartoneira Lantero repartíronse hoxe na súa folga indefinida. Uns continuaron montando garda ás portas da empresa no Polígono do Pousadoiro en Vilagarcía, namentres unhas ducias acudían a Pontecesures para mobilizarse diante das instalacións de Nestlé, un dos principais clientes de Lantero. Durante esta mobilización, o comité de empresa de Lantero tivo a oportunidade de reunirse co comité de Nestlé. O plantel de Lantero sabe que a culpa non é destas empresas clientes pero si quere que saiban o que lles está a pasar na empresa, o porqué da súa folga que lles impide fabricar a mesma mercancía tempo e forma e ca calidade que acostumaban. En vindeiras datas visitarán outras grandes empresas. A próxima xuntanza ente a dirección de Lantero e o Comité de Empresa está fixado para mañá en Santiago; aínda que pouco se agarda desta reunión. Na resaca do pleno de onte, os traballadores de Lantero están moi agradecidos á poboación en xeral polo apoio amosado á súa causa.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/28/lantero_nestle.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/28/mobilizacion_nestle_lantero.mp4{/flowplayer}