Manolo Rivas: ‘A reacción das nais evitou unha situación moi grave’

    manolo_rivas100.jpgPONTEVEDRA> O xornalista e escritor participou esta mañá no foro de debate da Fundación Galega contra o Narcotráfico.

    {flowplayer}images/salnes/foro_narcotrafico.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> A reacción das nais da droga e dalgún funcionario xudicial salvou a Galicia de acabar dominada polos narcotraficantes. Parece o argumento dunha novela literaria pero, segundo o escritor Manolo Rivas, isto aconteceu na década dos oitenta ós noventa, en pleno auxe do tráfico ilegal de drogas na comunidade galega.

    O autor de ‘Todo é silencio’, ambientada precisamente neste mundo, participou hoxe no foro debate ‘Narcotráfico e medios de comunicación’, organizado pola Fundación Galega contra o Narcotráfico. Rivas considera que nesa época houbo en Galicia un certo proxecto de ocupación de poder por parte dos grandes capos da droga. Disto falou Manolo Rivas na charla ofrecida esta mañá na facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra.

    Redacción Salnés