Catro menores entregan un bolso con mil euros na Policía Local de Boiro

BOIRO> Acto de honradez e civismo por parte de catro mozas menores de idade. As rapazas entregaron nas dependencias da Policía Local un neceser que acababan de atopar na rúa. No seu interior había un teléfono móbil, dúas libretas bancarias e unha cantidade de diñeiro que superaba os mil euros. Os axentes, grazas ós datos que figuraban nunha das libretas do banco, puideron atopar á súa propietaria e devolverlle tódalas súas pertenzas. Algo que esta agradeceu de bo grao. Un nobre xesto por parte das cativas, que seguramente non todos seríamos capaces de realizar…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí