RIBADUMIA> A escola infantil de Ribadumia mellora a súa eficiencia enerxética. Actuouse na envolvente térmica, na climatización e na iluminación do edificio. O proxecto contou cunha achega de 120.000 euros da Xunta, cofinanciado con Fondos Europeos. Na escola infantil de Ribadumia están matriculados un cento de pequenos e o concello está a estudar fórmulas para ampliar a súa capacidade.
A escola infantil de Ribadumia foi obxecto dunha profunda reforma para reforzar a súa eficiencia enerxética. Aquí mellorouse o illamento térmico das fachadas, renovouse o sistema de climatización coa instalación dunha bomba de calor reversible aire-auga e substituíronse as luminarias por outras con tecnoloxía LED.
Actuacións realizadas no marco da liña de axudas plurianual cofinanciada con fondos Feder. A achega da Xunta ascendeu a 120.000 euros, o importe máximo previsto nestas axudas. O concello completou a reforma achegando outros 10.000.
Nesta escola infantil hai matriculados un cento de nenos e nenas. O alcalde di ser consciente da alta demanda, polo que avanza que o concello estuda fórmulas para ampliar a súa capacidade.
A axuda como a que recibiu Ribadumia, beneficiou en conxunto 50 concellos galegos. O conselleiro da Presidencia avanzou que acaba de resolverse a convocatoria deste ano e que beneficia 50 concellos, que se suman ao medio cento da anterior.











