Polémica á vista ante o posible cambio de ubicación do mercadiño

    trasladomercadorianxo.jpgRIANXO> Os comerciantes debátense entre os partidarios ó traslado, e pola outra, aqueles que defenden a actual ubicación.

    {flowplayer}barbanza/trasladomercadorianxo.flv{/flowplayer}

    A división de opinións en Rianxo pola futura ubicación do tradicional mercadiño non parece ter unha solución sinxela. Mentres que os vendedores da praza de abastos e dos comercios próximos a esta queren que o mercadiño se sitúe preto do recinto, na praza Virxe da Guadalupe, o resto de comerciantes da vila e os propios vendedores dos postos ambulantes, non aceptan de bo grao o cambio.

    Mesa local comercio

    No medio de toda esta polémica o concello, que aínda non tomou unha decisión ó respecto, á espera da constitución da mesa local de comercio, órgano que se encargará de mediar no conflito e buscar unha solución satisfactoria para tódalas partes.

    Maior rendibilidade

    Aínda así, apostura do rexedor é clara, ó afirmar, que o concello non pode permitirse un gasto anual duns 18 mil euros en taxas a Portos de Galicia, xa que actualmente o mercadiño ambulante está instalado en terreos pertencentes ó ente autonómico.

    Redacción Barbanza