SALNÉS> Pouca xente polas rúas pero máis tráfico que na fin de semana. Esta é a imaxe que nos deixan os concellos das comarcas do Salnés e do Ulla-Umia. A veciñanza atende de xeito xeralizado as recomendacións sanitarias e as restricións do estado de alarma para frear o contaxio por coronavirus.
Co comezo da semana no Salnés e no Ulla-Umia volveu a actividade á construción, ao marisqueo ou á industria, que se suman aos que non pararon na fin de semana, como o persoal dos supermercados ou os transportistas.
Nos polígonos a actividade non está parada pero si reducida.