VILAGARCÍA> Un falecemento rexistrado esta fin de semana en Vilagarcía intensifica as reclamacións do BNG para que a ambulancia medicalizada volva ao Hospital do Salnés. A formación denuncia que a atención sanitaria tardou media hora en chegar a este veciño vilagarcián de 49 anos que acababa de sufrir un infarto. Un tempo que, consideran os nacionalistas, reduce significativamente as posibilidades de sobrevivir nos casos de emerxencias máis graves. Por iso volven reclamar ao PP que rectifique a súa decisión de trasladar a medicalizada a Sanxenxo durante o verán.
O falecemento dun veciño de Vilagarcía de 49 anos a causa dun infarto esta fin de semana intensifica as reclamacións do BNG para que a ambulancia medicalizada volva ao Hospital do Salnés.
Prado explicou que estes feitos foron contrastados cos servizos de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, a onde foi trasladado o home que faleceu ao pouco de ingresar.
Os nacionalistas sinalan que nas dúas semanas que leva a ambulancia medicalizada trasladada a Sanxenxo xa se deron seis emerxencias graves nas que a atención sufriu importantes retrasos.
A formación recorda que a semana pasada entregou 2.700 sinaturas de veciños do Salnés esixindo que se manteña a ambulancia medicalizada no Hospital comarcal durante todo o ano. E, ao tempo, que se dote doutro equipo do mesmo tipo a Sanxenxo para cubrir tamén O Grove.
O BNG anunciou tamén que porán en marcha unha campaña de cartelería para explicar á veciñanza alertando da situación.











