Jorquera: ‘O BNG é a alternativa útil para os galegos’

    presentacionjorquerarianxo.jpgRIANXO> O BNG elixiu a vila de Castelao para a presentación oficial do seu candidato ó Congreso pola provincia da Coruña, Francisco Jorquera.

    {flowplayer}barbanza/presentacionjorquerarianxo.flv{/flowplayer}

    Acompañado da número dous da candidatura do BNG ó Congreso pola provincia da Coruña, a pobresa, Rosana Pérez, e tamén polo rexedor local, Adolfo Muíños, Francisco Jorquera, expuxo algunhas das propostas coas que os nacionalistas concorren a este comisios xerais do vindeiro 20 de novembro. Na súa intervención aludiu a que o BNG é o equipo da casa, a alternativa útil, para facer fronte ás políticas do Partido Popular e Partido Socialista.

    Saída á crise

    Jorquera fixo referencia á necesidade de alternativas para unha saída social á actual crise económica que padecemos, algunhas das cales pasan, na súa opinión, por suprimir institución hoxe en día bsoletas como é o caso das deputacións, ou tratar de levar adiante a reforma fiscal para que paguen máis os que máis teñen.

    Redacción Barbanza