O peirao de Portonovo aforrou 3.500 euros en consumo eléctrico

     SANXENXO> Sitúase por enriba da media con respecto ó resto de portos galegos no que aforro se refire.

    {flowplayer}images/salnes/VisitaJJPortonovo_210213.flv{/flowplayer} 

    O presidente de Portos de Galcia, Jose Juan Durán, visitou esta mañá o peirao de Portonovo que pasa por ser un dos que maior aforro porcentual rexistrou feito o balance do Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética posto en marcha por Portos de Galicia en 2012.

    A media galega sitúase no 24,4% mentres que no caso de Portonovo é catro puntos superior. Pasouse dun consumo de 12.000 euros a 8.500 superando as previsións iniciais en base ós datos do primeiro trimestre.

    No Salnés, o porto de Pedras Negras rexistrou un aforro de máis do 37% e Combarro baixou un 34% o seu consumo eléctrico.

    Durán estivo acompañado na visita pola alcaldesa Catalina González. Ambos visitaron as instalacións do porto pesqueiro para comprobar tamén de primeira man as melloras feitas nunha das escaleiras de acceso ás embarcacións. González e Durán aseguraron que as administracións que dirixen están a traballar conxuntamente noutros proxectos para o desenvolvemento dos portos deste concello, en especial aqueles que teñen que ver coa promoción da náutica recreativa.

    Redacción Salnés