Preto de 230.000 persoas gozaron este ano das Festas do Albariño

    valoracion_albarino_100_040809.jpgCAMBADOS> O alcalde Luís Aragunde presentou o balance das celebracións, que presentaron un nivel de afluencia similar ó 2008.

    {flowplayer}images/salnes/040809_VALORACION_ALBARINO_especial.flv{/flowplayer}

    No Albariño non hai crise que vala, e así o demostran as cifras de afluencia que Cambados rexistrou durante as festas. En público, mantívose en xeral o número de visitantes do ano pasado, aínda que variaron os fluxos de afluencia en función dos días.

     Durante eses días, o concello calcula que se achegaron a Cambados entre 220.000 e 230.000 persoas. Máis cifras. Arredor de 60.000 botellas de albariño se venderon nas casetas das adegas, e os concertos contaron cun público total duns 18.000 espectadores.

    Polo demais, o alcalde de Cambados, Luís Aragunde, salientou que estas festas tamén se caracterizaron pola súa tranquilidade, xa que apenas se rexistraron incidentes nas rúas e as retencións de tráfico tampouco foron significativas, sobre todo tendo en conta que este ano se pecharon máis rúas en previsión dun alto número de visitas.

    Pero a programación cultural de Cambados continúa esta fin de semana coa Festa do Viños Europeos, unha feira de artesanía no Paseo da Calzada e máis actuacións musicais. Aragunde lembrou tamén que segue aberta a exposición Cabanillas e os artistas do seu tempo, en homenaxe ó poeta da raza.

    Redacción Salnés