Fontecarmoa acollerá o VII Memorial Miguel Ángel González

memorial250_240310.jpgVILAGARCÍA> Esta fin de semana celébrase en Vilagarcía a séptima edición do Memorial Miguel Ángel González Estévez. O torneo volverá a reunir nos pavillóns de Fontecarmoa a oito conxuntos na categoría infantil, entre eles dous galaegos, o Cortegada e o Celta.

A Vilagarcía Basket Cup non é o único torneo de base que se celebrará estes días na capital arousá. Antes, esta mesma fin de semana, o Cortegada organiza un clásico xa do baloncesto femenino, o Memorial Miguel Ángel González Estévez. Un torneo xa consolidado, que camiña pola súa séptima edición e que está reservado para o concurso de equipos en categoría infantil femenino.

A competición contará coa participación de oito conxuntos que estarán dividos en dous grupos: no ‘A’ estará o anfitrión, o Grupo Junquera Cortegada, que quedou encadrado co Stadium Casablanca, aragonés, Halcón Viajes, de Salamanca, e Lima Horta. Precisamente este conxunto catalán foi o vencedor da última edición impoñéndose nunha final moi axustada ó Celta.

O Celta, tamén estará. As viguesas terán dous rivais catalanes, GEIG e Sant Adriá e o Aros, de León. Os encontros celebraranse nos dous pavillóns de Fontecarmoa. O venres e sábado disputaranse os partidos de liguiña e o domingo as eliminatorias finais, quedando a final reservada para as 12:30.

Paralelamente ó torneo organízanse diferentes concurso como o two ball, que terá lugar o venres ás 21:00, o all star que será o sábado ás 11:30, e á mesma hora do domingo o concurso de triples.

Redacción Salnés