Dobre cita co remo en Rianxo que acolle as probas feminina e masculina da Liga Galega de Traíñas

RIANXO> Tamén os rianxeiros teñen unha cita co deporte este domingo cando se celebrarán as bandeiras de traíñas concello de Rianxo. As tripulacións feminina e masculina competirán nesta proba enmarcada na liga galega.

O campo de regatas do peirao rianxeiro acollerá este domingo a partir das 11 e media da mañá as dúas regatas de traíñas enmarcadas no calendario galego. A primeira en saír será a competición feminina, na segunda edición desta proba. Media hora máis tarde será o turno da tripulación masculina que dispiutará a xa vixésima edición da bandeira concello de Rianxo.

Realizarán un percorrido de algo máis de 5.500 metros repartidos en catro longos e tres viradas. Mentres que a tripulación feminina parte con boas expectativas e aspira a facerse con algunha bandeira ó longo da tempada, o obxectivo da masculina e manter a categoría e permanecer a un bo nivel da competición na que, ata o momento, non se sitúa nos primeiros postos da clasificación.

Dende o concello agradeceron o labor do club de remo situando a Rianxo na elite do remo e animaron á cidadanía a acudir para gozar dunha xornada festiva en torno a este deporte.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí