VILAGARCÍA> Esta fin de semana debuta o Cortegada en LF2. Vaino facer en Tenerife ante o Aguere, e probablemente coa baixa dunha das súas xogadoras de referencia, a americana Ernesia Williams.
Despois de longos meses de espera, esta fin de semana volve o baloncesto en LF2, división na que este ano xogará o novo Thetrend Social Cortegada, logo da renuncia do club a participar na máxima categoría nacional por falta de apoios económicos.
O primeiro conxunto que medirá o verdadeiro potencial do equipo de Pepe Vázquez será o Aguere tinerfeño. Un partido interesante para as vilagarciáns polo complicados que son sempre os desprazamentos a Canarias e porque o seu rival do sábado é un equipo que o ano pasado quedouse ás portas de entrar na fase da ascenso.
O único que preocupa ó técnico santiagués a día de hoxe é a lesión dunha das súas xogadoras de referencia, Ernie Williams. A pívot americana aínda non está recuperada dunha escordadura de nocello sufrida a semana pasada e podería perderse o choque xa que non se quere forzar a súa recuperación. O resto estarán a disposición de Pepe Vázquez, tentando facer un bo traballo sobre todo en defensa que lle permita ter opcións de levarse o choque.
O plantel adestrará mañá en dobre sesión e viaxará o sábado de madrugada ás Canarias, onde descansarán ata a hora do comezo do partido, fixado para as 19:30.
Tamén comeza a competición na Liga EBA sen ben o Establecimientos Otero de Cambados non debutará ata a semana que ven, xa que tócalle descansar na xornada inaugural.
Redacción Salnés