O goberno local conxelará o IBI, o lixo e outras tres taxas sociais

    CONXELACIONAXAS.jpg SANXENXO> Ademais pretende que outras 16 se incrementen só o marcado pola suba do IPC, ó figurar así nos contratos subscritos coas entidades que os prestan

    O goberno local de Sanxenxo pretende que o ano que vén os veciños do municipio sigan a pagar o mesmo polo IBI, polo imposto de vehículos de tracción mecánica, o de construción, instalacións e obras (ICIO) así como polo lixo. Tampouco se subirán as axas que pagan os usuarios do Centro de Día, da gardería ou os beneficiarios do servizo de axuda do fogar. Esta é a proposta que presentarán ante a Comisión de Contas o vindeiro luns. Con ela preténdese axudar á familias do municipio a cadrar o mellor posible as súas economías. Pero non serán as únicas medidas de contención a aplicar.

    Desde o concello planean tamén que outras 16 taxas se incrementen un 3,1%, o correspondente á suba do IPC. Así o esixe o contrato subscrito coas entidades que prestan servizos como a depuración de augas residuais, a distribución de gas, electricidade e outros abastecementos públicos ou o alcantarillado.

    Pola contra, proporase que a partir do vindeiro ano, as parellas que se queiran casar polo civil paguen un canon de 60 euros, ademais de refornar a taxa pola expedición de documentos no concello ou modificar o imposto sobre o incremento do valor dos terreos urbanos, a plusvalía, que no caso da residencia habitual manterase invariable.

    Redacción Salnés

    Comments are closed.